lunes, 27 de noviembre de 2017

A biblioteca se planta contra a violencia de xénero

Co motivo da conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero do pasado sábado, a biblioteca fixo este luns unha actividade relacionada co tema.
Neste caso o noso lema, xuntándonos tamén co proxecto píntega, foi:
PLANTÉMONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Cada persoa que se pasou pola biblioteca, alumnos e profes, puxo o seu graniño de area para conseguir que a imaxe florecera:





 
 



lunes, 13 de noviembre de 2017

Xogo Proxecto Píntega

Hoxe no recreo empezamos un xogo enmarcado dentro das actividades do Proxecto Píntega.
Combina xogos de memoria, de preguntas e respostas (relacionadas co medioambiente) e os típicos xogos de taboleiro como a oca. Eso sí, xógase en equipo.
Como non rematamos a partida, o próximo luns continuaremos.


jueves, 9 de noviembre de 2017

lunes, 6 de noviembre de 2017

Novembro: ciencia en galego nas bibliotecas

Hoxe, xa metidos en novembro, fixemos uns experimentos científicos na biblioteca.


 Fixemos un experimento onde un papel non se mollaba na auga

 Fixemos outro onde rompíamos a tensión superficial do leite





Tamén inflamos un globo coa reacción do vinagre e bicarbonato


E comprobamos que a auga e o aceite non se mesturan, pola diferente densidade